Anuncio novo disco da Requinta da Laxeira – El Correo Gallego
Enlace á noticia en El Correo Gallego
Se algún grupo se distingue polo seu son tan característico é A Requinta da Laxeira, naturais de Sarandón, no municipio de Vedra, e que están a punto de presentar en sociedade o seu terceiro disco baixo o tíulo de …e Millore.
Será o próximo sábado, día 9 de abril, no campo da festa de San Miguel de Sarandón. A partir das oito da tarde actuarán grupos amigos como A Gaita de Sarandón, Faiscas da Pontragha e as Pandereteiras Silandeiras e unha hora despois será o concerto presentación do disco nunha actuación que cheira a festa rachada porque ó remate haberá unha foliada aberta que promete rematar ben entrada a noite. E para que poida acudir quen queira a entrada será de balde e sairán autobuses desde Santiago do que se da cumprida información na páxina web requintadalaxeira.com.