Preloader Image

Abril

4 de Abril de 2022
Novo disco

Novo videoclip da Requinta da Laxeira – O Chuletón!

🚨 AVISO IMPORTANTE: Este vídeo pode producir antoxos gastro-musicales dificiles de controlar. Recoméndase ver despois de ter o bandullo cheo…

😱 SORPRESA! 😱Hoxe, a unha semana da presentación do novo disco do grupo, sacamos o PRIMEIRO VIDEOCLIP da Requinta da Laxeira! E para aproveitar a ocasión queríamos darlle unha volta á maioría da gastronomía galega con un toque de sátira para todos aqueles que falan galego só cando lle convén…

Podedes participar nun sorteo compartindo o vídeo! (click aquí)

Read article
4 de Abril de 2022
Novo disco

Entrevista á Requinta da Laxeira – Lume na Palleira (RTVG)

Enlace á entrevista en Lume na Palleira (RTVG)

Chío Couto (pandereteira), Emilio Españadero (presentador), Pablo Chenlo (gaita)

PROGRAMACIÓN DOMINGO 3: Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Carme López e unha nova entrega de “ReferentAs”, que terá como protagonista a Elena de Toutón) – Entrevista á Requinta Da Laxeira (presentación do seu novo disco “…E Millore!”)

Read article
4 de Abril de 2022
Novo disco

Anuncio novo disco da Requinta da Laxeira – El Correo Gallego

Enlace á noticia en El Correo Gallego

Se algún grupo se distingue polo seu son tan característico é A Requinta da Laxeira, naturais de Sarandón, no municipio de Vedra, e que están a punto de presentar en sociedade o seu terceiro disco baixo o tíulo de …e Millore.

Será o próximo sábado, día 9 de abril, no campo da festa de San Miguel de Sarandón. A partir das oito da tarde actuarán grupos amigos como A Gaita de Sarandón, Faiscas da Pontragha e as Pandereteiras Silandeiras e unha hora despois será o concerto presentación do disco nunha actuación que cheira a festa rachada porque ó remate haberá unha foliada aberta que promete rematar ben entrada a noite. E para que poida acudir quen queira a entrada será de balde e sairán autobuses desde Santiago do que se da cumprida información na páxina web requintadalaxeira.com.

Read article